COMEZA O TEMPO DE ADVENTO

A vida está chea de agasallos, que moitas veces pasan desapercibidos, porque quizáis non os apreciamos ou non caemos na conta de que existen. No noso corazón levamos agasallos que non compartimos cos demais. O Advento é un tempo propicio para descubrir que queremos  compartir e dar do que levamos dentro do noso corazón e así prepararnos para recibir o mellor regalo que é Xesús, que  se fai meniño, Deus faise pequeno, porque nos ama tal e como somos e nos invita a compartir todo o bo que hai no noso corazón, cos compañeiros, cos amigos, coa familia, cos máis pobres e necesitados.

«EU SAÚDE»

Durante a semana pasada estivemos traballando os contidos relacionados coa forza e o balonmán e ao mesmo tempo analizamos os carteis da iniciativa “eu saúde :)” onde vimos diferentes beneficios do exercicio, non só a nivel físico, se non tamén a nivel emocional e social coa axuda de deportistas galegos de alto nivel.

FESTIVIDADE DA MILAGROSA

Hoxe foi un día de festa para todos os que formamos parte da familia vicenciana.
O bo tempo fixo que puideramos disfrutar dunha tarde de convivencia e xogos que encheron de ilusiòn e sorrisos os nosos patios.
Todos agardaban con espectación unha sorpresa… ¡un inchable !que agradou a pequenos e maiores.
Unha tarde de lecer para festexar o día da nosa patrona .

25 DE NOVEMBRO-NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro (Día contra á violencia de xénero) presentámosvos ás persoas máis ValenteS do universo…

Queremos que sexades valentes, 

Valentes para falar, 

Valentes para ser,

Valentes para sorrir, 

Valentes para respectar,

Valentes para amar, 

Valentes para mirarvos ao espello,

Valentes para cambiar, para ver o bo e para loitar porque non haxa ningunha máis, nin ningunha menos. 

O longo do día realizamos diferentes actividades para concienciarnos do problema na sociedade na que vivimos. Contacontos, manualidades, elaboración de adhesivos e sobre todo, observamos o noso reflexo. Ese reflexo que se converterá na sociedade do mañá. 

O VEROÑO

O comenzo do outono invita a levar a cabo múltiples actividades para adentrarnos na cultura galega e anglosaxona. Dende as diferentes materias puxéronse de manifesto diferentes aspectos destas celebraciòns dende a orixe, gastronomía, a ciencia ,a arte, literatura…

Este Samaín mete medo! 

1º e 2º de ESO fixemos para o noso proxecto de trimestre unas fermosas cabazas decoradas. Aprendemos a historia desta terrorífica festa e xogamos coas palabras do outono e  do ano novo celta. Tiramos unas poucas fotos antes de marchar e velaquí o resultado!