OPERACIÓN QUILO

A Comunidade Educativa quérevos agradecer a vosa xenerosidade, a vosa solidariedade e o voso compromiso, a pesares das circunstancias aínda adversas que estamos a padecer. Queremos dárvolas gracias por compartir cos máis necesitados, e cos que, nestos momentos, a Covid 19 deixounos en desamparo. 

Gracias por axudarnos a axudar, con pequenos xestos pero efectivos, construímos un mundo máis humano e solidario que é o auténtico sentido do Nadal.

NADAL

Volve a ser un Nadal, no que debemos ter moita precaución para protexernos e protexer aos nosos. 

Tampouco  lle foi doado a María e Xosé que, despois dunha longa viaxe, tiveron que  refuxiarse nunha pequena corte para dar a luz ao seu fillo. Xesús ven a estar connosco, este é o verdadeiro sentido do Nadal, debemos acollelo para sentir a verdadeira ledicia que non consiste no material: senón que é compartir e axudar. Oxalá que nós, que temos moito, saibamos crear eses ambientes seguros para vivir en familia o Nadal. 

Que a Sagrada Familia, símbolo de unidade e protección, nos acompañe neste Nadal. 

2º DOMINGO ADVENTO

Algunhas veces temos os oídos cheos de ruídos que nos impiden  escoitar con claridade a mensaxe de Xesús e facela nosa. Xoán o Bautista invítanos a  afinalo noso oído para escoitar atentamente a súa Palabra de Xesús, que é AMOR en estado puro. Por iso ao longo desta segunda semana imos abrilos nosos  oídos e o noso corazón para escoitar a Palabra de Deus que nos fala de tenrura, de apertura, de sinceridade e verdade, de reconciliación, de misericordia, de compaixón… Non che parece que son motivos abondo para removela conciencia durmida desta sociedade? 

SEMANA MILAGROSA

Como cada ano, ao chegar estas datas(27-29 de novembro) celebramos con devoción a festividade da Virxe Milagrosa. Nestes tempos de incerteza que estamos a vivir, a nosa fe aléntanos a seguir adiante e a crer que todo é posible.  

Os noso alumnos celebraron ao longo desta semana, coas medidas Covid pertinentes, as distintas celebracións e eucaristías acompañados dos seus titores. Todas as celebracións foron  sinxelas, participativas e emotivas. En todas se fixo fincapé en que a Virxe sempre nos acompaña e dende a súa capela cóidanos e protéxenos. Ao final das mesmas os alumnos saíron tendo moi presentes as verbas da Virxe a Catarina Labouré: “As gracias serán máis abundantes para quen a leve con confianza!, xa que todos ao final de cada celebración levaron a súa pulseira coa Medalla Milagrosa. 

PIEDRA, PAPEL, TIJERAS

Diferentes cursos da etapa de primaria e secundaria asisten a unha conferencia online sobre a prevención do acoso escolar.
Unha pslicóloga clínica, unha analista e especialista no trastorno de conductas e unha testemuña que sufriu acoso escolar afrontan o problema dende as súas vivencias.

OPERACIÓN QUILO

Dende o colexio unímonos a Cáritas, que nos solicita novamente, a nosa colaboración para axudar na súa labor social ás familias con dificultades do concello de Ribeira. Sensibilizados coa complicada situación que moitas familias continúan atravesando, organizamos esta campaña solidaria de recollida de alimentos non perecedeiros (aceite, legumes, latas de conserva, alimentos infantís, arroz, cacao, azucre, galletas, pasta, fariña…) Por iso, dende o 1 de decembro ata o día 22 do mesmo mes, pedímosvos a vosa colaboración. 

Gracias de antemán.