DÍA DA PAZ

Cada 30 de xaneiro, os centros educativos celebramos o día da Non Violencia e da PAZ. Neste curso tan atípico pola pandemia, esta data ten, tamén, especial importancia debido a preocupación  polos acontecementos mundiais que amosan a intolerancia dalgúns seres humanos que nos fan lembrar a importancia do coñecemento mutuo, do diálogo  e do respecto aos demais. Non deixamos de ter presente que: ”Queremos un mundo en PAZ”. Deste xeito celebramos esta día, tendo presente a Historia de Sadako, que nos transmite valores importantes como o esforzo, a constancia, a esperanza e a creatividade entre outros. Todos eles móvennos  a perseguir a convivencia pacífica, pero non só dentro de nosas aulas, senón tamén intentándoa levar, fóra delas.

INFANCIA MISIONEIRA

O domingo 16 de xaneiro os nenos e nenas celebran a Xornada da Infancia Misioneira, “o Domund dos Nenos”, para axudar aos misioneiros no seu traballo coa infancia. A Infancia Misioneira é unha das ferramentas que a Igrexa ten para que nos lugares de misión conten con medios para atendelos nenos e nenas nas misións. Por iso, a Xornada da Infancia Misioneira conta con tres xeitos de ensinar aos nenos o espírito misioneiro: por medio da oración, axudando aos que temos preto noso e compartindo coas persoas que o precisan. Desta maneira intentaremos ser LUZ PARA O MUNDO, como nos lembra o lema deste ano.