Os alumnos de cuarto de primaria realizaron o proxecto “Coñece o teu entorno” onde cada alumnos investigou sobre o máis representativo do lugar onde vivía . Realizaron pequenos trípticos onde animaban aos visitantes a coñecer o máis emblemático da zona e ao mesmo tempo sentíndose orgullosos do seu concello.
Grazas a proposta da materia de reforzo lingüístico o alumnado de 4º viaxou a súa máis tenra infancia e a aqueles momentos máis significativos da súa vida, realizando unhas Autobiografías que espertaron en todos nos fermosos recordos.
Despois de 2 anos retomamos a actividade do bocata solidario no parque do Dolmen de Axeitos. Unha camiñata onte a solidariedade é a nosa bandeira, e desfrutar cos nosos compañeiros o noso obxectivo.
Xogos, risas e contacto coa natureza fainos estar presentes e que a nosa indiferenza non os condene ao esquecemento.
Os alumnos de 1º aprenderon a poñer a mesa e o nome dos cubertos en inglés , así como a importancia de comer sano,elaborando un plato de productos frescos e saudables.
Os alumnos de 1º identificaron as diferentes partes da planta e todo o necesario para poder vivir. Rematamos o proxecto coa exposiciòn dos seus traballos.
Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria participaron esta semana nunha dinámica sobre o acoso escolar. A través dela, reflexionaron sobre as situacións que viven a miúdo aqueles compañeiros que non son ben aceptados polo seu grupo de iguais.
Puxéronse en común as experiencias de cada un e expresaron como se sentían cando lles toca estar na pel do que sofre insultos e desprezos. Tras isto, atrevéronse a decir tres cualidades dalguén da clase e reflexionaron sobre o ben que nos fai sentir oír cousas positivas sobre un mesmo.
Como di o proverbio: “Para levarse ben, non se necesitan as mesmas ideas, necesítase o mesmo respecto”.
Co motivo da celebración do día da árbore do pasado luns, os alumnos de 4º da ESO aproveitaron a boa tarde primaveral para plantar unha das camelias cedidas pola concellería de parques e xardíns do Concello de Ribeira.
A horta do colexio segue medrando en especies arbóreas….. e en voluntarios nos seus coidados. Grazas rapaces!!
Os alumnos dende 5º de EP ata 4º da ESO participaron na xornada “Ribeira sen acoso” a cargo de Javier Pérez Aznar onde os alumnos posteriormente realizaron un taller de aula e reflexionaron sobre o tema.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.