O martes, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha data que nos invita a reflexionar sobre a situación da muller en todo o mundo, nos anima a fomentar accións que contribúan a recoñecer as aportacións de todas esas mulleres e nenas e tamén a celebrar a valentía… por iso:
- Asinamos no Muro da igualdade dende 3º de primaria a 4º de ESO. FOTO 1
- En infantil, elaboramos flores para as mamás e as mulleres Ucraínas. FOTO 2
- Dende educación infantil a 4º de educación primaria asistimos ao contacontos en streaming “Dúas nenas moi, moi valentes” a cargo de Trémola Teatro.
Pasámolo estupendamente na compaña de Lucía e Paula. Elas fixeron unha festa de pixamas moi divertida na que nos transmitiron valores moi importantes como son a igualdade e que na realidade e nos contos as nenas deberían ter a posibilidade de soñar e ser o que elas decidan ser.

