OPERACIÓN QUILO

Dende o colexio unímonos a Cáritas, que nos solicita novamente, a nosa colaboración para axudar na súa labor social ás familias con dificultades do concello de Ribeira. Sensibilizados coa complicada situación que moitas familias continúan atravesando, organizamos esta campaña solidaria de recollida de alimentos non perecedeiros (aceite, legumes, latas de conserva, alimentos infantís, arroz, cacao, azucre, galletas, pasta, fariña…) para que poidan desfrutar do tempo do Nadal cunha comida digna en compañía dos seres máis queridos. Por iso, dende o 1 de decembro ata o día 22 do mesmo mes, pedímosvos a vosa colaboración.

CELEBRACIÓN 25 N EN RIBEIRA

O pasado venres 25 de novembro o alumnado de 3º de ESO da Milagrosa acudiu a Ribeira para participar no acto organizado polo concello, xunto cos demais centros da localidade con motivo do Día Internacional da Eliminación da  Violencia contra a Muller.

Un ano máis, preténdese visibilizar ás vítimas de violencia de xénero, de xeito que preparamos unha caixas de cor lila cos seus nomes , que fomos colocando a modo de tetris na Praza do Concello, fomos nomeando a cada unha delas coa súa historia. Gardamos un minuto de silencio e deixamos alí a nosa pegada na participación neste acto.

COÑECEMOS O DÍA DE ACCIÓN DE GRACIAS

O pasado 24 de novembro os alumnos do 1º ciclo da Primaria lembramos o Día de Acción de Gracias. É unha tradición estadounidense que se celebra o último xoves de novembro e pon énfase no valor da gratitude. As familias dan as gracias a Deus pola saúde, pola familia, por terse uns aos outros e por poder compartir ese día un ano máis. 

A teacher Chris contoulles aos alumnos en qué consistía ese día e os nenos escribiron palabras polo que dar gracias a Deus en cada unha das plumas do pavo que fixeron. 

Foi un xeito diferente e bonito de coñecer as tradición doutras culturas. 

DEPORTE ESCOLAR

O pasado día 23 de novembro o noso alumnado tivo a primeira xornada de deporte escolar no polideportivo municipal de A Fieiteira, onde desfrutaron de diferentes deportes xunto cos compañeiros e compañeiras do colexio Bayón. Un día máis, todos o pasaron en grande compartindo unha xornada de actividade física realizando diferentes deportes de equipo.

MAGOSTO

Unha tarde de outono para recordar.
Dende EI ata a ESO disfrutamos dunha tarde de convivencia, onde os xogos fixeron o disfrute dos alumnos  e a degustación das castañas encheron os nosos bandullos.