
Mes: diciembre 2022
CLUB CREATIVO
A VISITA DE CAMI A 5EI
A saúde é un tema fundamental para ter unha boa calidade de vida, e na escola somos conscientes diso; por iso, é un contido que traballamos a cotiá. Coa intención de afondar, neste caso na hixiene dental, tivemos a visita dunha mamá odontóloga que ensinou o nome dos dentes e o seu axeitado lavado. Desfrutamos dunha tarde de aprendizaxe en compañía do crocodilo CAMI ao que lle deixamos os dentes relucentes!

UN MUNDO POR DESCUBRIR
Un mundo por descubrir ou máis ben esquecido por moitos debido ao paso do tempo. Así comezamos o primeiro trimestre os alumnos de 3º da ESO, que asisten as clase de Cultura Clásica. No mes de setembro iniciaron unha viaxe pola universo da Antiga Grecia, onde descubriron a súa historia, xeografía, arquitectura e personaxes importantes dun xeito diferente e divertido.

Froito desta longa viaxe os alumnos recrearon algúns monumentos que lles chamou a súa atención: o cabalo de Troia, o faro de Alexandría coloso de Rodas, a Acrópole….

O XABÓN
O VENTO
VIAQUA
NADAL
II Domingo de Advento
Ligazón ao blog de Pastoral
Pastoral de La Milagrosa de Oleiros (pastoralmilagrosaoleiros.blogspot.com)