A equidade e a inclusión son dous principios fundamentais sobre os que se asenta a Educación. Co obxecto de sensibilizar ao alumnado de Educación Infantil e favorecer unha aprendizaxe universal adaptada á diversidade dos cativos, achegamos aos nenos e nenas á lingua de signos a través dunha canción asociada as rutinas de aula. Os pequenos desfrutaron do proceso de aprendizaxe dende unha perspectiva lúdica e vivencial, coñecendo un novo instrumento de comunicación que permite integrar a pluralidade do alumnado que conforma as nosas aulas dende a empatía e a concienciación.
Mes: marzo 2023
«Sen igualdade non hai futuro»
Como cada ano, dende o colexio celebramos o Día Internacional da Muller cunha axenda repleta de actividades destinadas a sensibilizar a toda a comunidade educativa do papel da muller.
As nosas fiestras foron soporte de todas as mulleres importantes que, grazas ao seu traballo, deixaron unha pegada ao longo da historia.
Os nosos corazóns abríronse para dar cabida ás mulleres que deixan unha marca significativa en cada un de nós.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O 23 de febreiro o alumnado das tres etapas recordaron o papel destacado que tivo Rosalía para a nosa literatura e sociedade. Muller precursora e valente no seu tempo que loitou polos seus ideais.
As diferentes etapas traballaron a súa vida e obra recordando os seus principais poemas en diferentes estructuras e deseños gráficos.
BASURALEZA
Despois do traballo realizado polos alumnos de toda a etapa de primaria á praia estos foron os resultados obtidos. Parabéns a todo o alumnado e profesorado.
TEATRO: «THE SWORD IN THE STONE»
Os alumnos do segundo e terceiro ciclo de primaria asistiron á representaciòn teatral de “The Sword in the Stone” onde participaron activamente escoitando e aprendendo en inglés de xeito divertido.
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-24
Xa se pode consultar a información sobre o proceso de admisión para o vindeiro curso 2023-24 no apartado ADMISIÓN ALUMNOS.