Coidamos a boca!!

O pasado venres, 2 de xuño, o alumnado dende Infantil ata 3º da Primaria participaron dunha importante charla no salón de actos: «Coidando a miña boca».

Sofía foi  quen nos explicou as funcións dos dentes e a boca, enfermidades máis frecuentes e a importancia de ter hábitos de vida axeitados, especialmente na saúde bucodental, como son o cepillado correcto e o consumo dunha dieta que evite a carie.

Esta charla forma parte das actividades de promoción da saúde que promove a Consellería de Sanidade e o Colexio de Odontólogos para fomentar hábitos de hixiene bucodental.

DIVERSIÓN E AVENTURA!

Ao fin chegou o tan desexado 26 de maio, ese día marcado no calendario que a miúdo mirabamos e esperabamos con tanta ilusión. Como colofón a este curso que remata, os alumnos de 1º a 4º de EP fixemos unha saída a Galipark (Padrón).  

 A aventura comezou  pola maña, cando todos nos reunimos no colexio cheos de ilusión e con ganas de divertirnos.

Unha vez en Galipark, os pequenos aventureiros comezamos a explorar cada recuncho do parque ansiosos por descubrir todo o que nos esperaba. Unha das actividades foi o tiro con arco, na que amosámola nosa  puntería e habilidade.

Despois puxemos  a proba as nosas  destrezas nos percorridos polas cordas dos circuítos de altura onde nos movíamos con axilidade e sen medo. Tamén desfrutamos da tirolina ¡Que impresión!

Para calmala calor por tanto axetreo, estivemos no tobogán acuático e na piscina antes de comer.

Foi unha xornada diferente, de convivencia con compañeiros e mestres onde os rapaces se amosaron felices de estar todos xuntos nun ambiente lúdico. A saída foi un éxito gracias a  labor dos monitores, xunto cos mestres, que nos guiaron durante todo o percorrido e nos axudaron en cada actividade.

Disfrutamos moito desta aventura!!