
Mes: noviembre 2023
25 N
Conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, as tres etapas educativas no patio do colexio. As tres bolboretas lembráronnos a Patricia, Minerva e María, as irmás Mirabal.
NON Á VIOLENCIA
MAGOSTO 2023
CONFERENCIA SOBRE ACOSO ESCOLAR
Hoxe, os alumnos de 3º e 4º da ESO puideron asistir á proxección on line da conferencia sobre ACOSO ESCOLAR que tiña como ponente á profesora Carmen Cabestany, que tamén é presidenta da asociación «NO AL ACOSO ESCOLAR». Dende o centro agradecemos a invitación por parte da área educativa de AFUNDACIÓN TV para que alumnado e profesorado poidan recibir información sobre un tema que nos afecta a todos.
