O NADAL!

O tempo de espera ata a chegada do nacemento do Neno Xesús enche de actividades e celebracións o noso cole.
Decoramos corredores, organizamos festivais de música e baile , celebramos a Eucaristía da Familia coa participación de toda a Comunidade Educativa e puxemos fin ao trimestre coas 12 badaladas que marcan o final dun ano que remata e outro novo que comeza cheo de bos propósitos.
Un tempo de compartir ledicia, ilusión, apertas , de seguir mantendo a ilusión dos máis cativos e sobre todo de sentirnos como en familia.

NADAL 2024 – 1
Tempo de ilusión – 1
BO NADAL – 1

APRENDIZAXE E DIVERSIÓN

Os alumnos do 3º ciclo de primaria visitan o Museo de Historia Natural e coñecen de primeira man as numerosas coleccións botánicas, zoolóxicas e xeolóxicas  que alí se atopan, así como a reprodución de diferentes ecosistemas.

No Museo do Pobo Galego a través dun xogo de pistas foron descubrindo o modo de vida e as manifestaciòns culturais dos habitantes da nosa terra.

TEATRO

Un ano mais os alumnos dende 3º a 6º  primaria tiveron a oportunidade de asistir a unha función moi especial: a obra de teatro «My Funny Frankenstein», unha versión cómica e moderna do clásico de Mary Shelley que non deixou a ninguén indiferente. Sen dúbida, unha obra recomendada para gozar en grupo e pasar un intre inesquecible.

27 NOVEMBRO

Al longo desta semana o noso centro estivo presidido por dúas mulleres, a Virxen Milagrosa e S. Catalina Labouré, dous modelos a seguir para nós que formamos parte da familia vicenciana

As tres etapas achegáronse á capela do colexio para as diferentes celebracións, culminando cunha xornada de inchables e xogos.

MAGOSTO 2024

Unha tarde de xogos  tradicionais e un magnífico magosto xuntaron ás tres etapas educativas na horta do colexio. Os maiores encargáronse de que aos máis pequenos non lles faltara de nada .A ledicia e a diversiòn estiveron presentes durante toda a xornada.

(SET. 2024) UN NOVO CAMIÑO POR DESCUBRIR!!

Benvidos a un novo curso escolar! Este ano, máis que nunca, queremos destacar a importancia dun valor fundamental: a paciencia. Nun mundo que se move a un ritmo frenético, aprender a agardar, a respectar os tempos dos demais e a perseverar ante as dificultades son leccións valiosas que queremos cultivar nas nosas aulas.

Sabemos que os primeiros días poden estar cheos de incertezas e emocións, pero é precisamente aquí onde a paciencia xoga un papel esencial. Non todo se resolve de inmediato, e as mellores aprendizaxes levan o seu tempo. Con calma e confianza, imos construíndo xuntos este camiño de descubrimentos e crecemento.

A todos, alumnos e familias, queremos lembrarvos que a paciencia non é só agardar, senón saber facelo con boa disposición e co corazón aberto. Que este curso sexa un tempo de aprendizaxe compartida, de respecto mutuo e, sobre todo, de moita alegría.

Imos xuntos, con paciencia e ilusión, cara a un ano cheo de posibilidades. Benvidos!