O Concello de Ribeira a través do seu departamento de Servizos Sociais, ofreceunos a posibilidade de participar nunha actividade moi interesante. Así, o grupo de 3º de ESO, puido coñecer aspectos como a realidade social do noso contorno máis próximo, recibir información sobre o papel e as función dos servizos sociais, ou mesmo nos explicaron como previr actitudes ou comportamentos segregacionistas.
A través de xogos coma os globos da diversidade ou as lousas, o pedagogo Santi Páramo axudounos a entender mellor como debe ser unha sociedade xusta construída entre todos.
Rematamos a mañá cun sorriso así de grande, pintado por nós.
Grazas Santi por vir!!!