O día 11 de abril de 2014, os alumnos de 1º e 2º de ESO realizamos unha viaxe á Coruña, onde visitamos a Domus. O percorrido comezou na aula de Magnavisión, vendo unha película en 3 D sobre a aviación.
seguidamente tivemos a experiencia de manipular e diseccionar un corazón, onde se ven as distintas caras de expectación ( uns de ilusión “futuros médicos” e outros de repulsión).
Seguidamente tivemos tempo para observar e manipular as distintas áreas do museo.
Á hora de xantar, estivemos todos xuntos no comedor da Domus, onde todos os rapaces colaboraron na reciclaxe de plásticos, restos órganicos e vidro, xerados no momento da comida.
Para facer a dixestión e estirar as pernas realizamos un percorrido polo paseo marítimo desde a Domus pasando polas praias de Orzán e Riazor ata chegar ao Muncyt. Puidemos ver neste percorrido os desastres provocados polos fortes temporais deste inverno.
No Muncyt moitos rapaces quedaron asombrados pola variedade de inventos dende máis antigos ata os máis modernos, o que máis chamou a atención foi a cabina do avión, onde puideron entrar e imaxinar seren pasaxeiros de verdade.