Durante o mes de maio fixéronse no Colexio distintas actividades para traballar tanto o Día do Libro como as Letras Galegas. En Infantil, unha desas actividades foi convidar os pais/nais dos nenos/as a contarnos un conto, elixidos por eles mesmos, polo que conseguiron manter a atención dos rapaces/as e, ademais, aprender.
Para rematar o mes de Maio: “Mes de María” fixemos una procesión para visitar a Virxe de Aranzazu, na horta, onde se lle ofreceron frores, poesías e cantos.
O longo do curso os nenos/as de 6º de Infantil elaboramos na aula proxectos con temas elexidos polos rapaces/as como o dos “cabalos” e as “bolboretas”. Partindo do que xa sabían e o que lles gustaría saber, sorprendéronse de todo o que chegaron a aprender destes animais.
EXCURSION 5º-6º INFANTIL:
Este curso os nenos/as de 5º e 6º Infantil fomos de excursión ó Grove. Alí visitamos o Acuario e fixemos un recorrido no tren turístico ata a Illa da Toxa. Foi una experiencia moi divertida e cultural.
Tres nenas de 6º Infantil –Noela, Graciela e Iria Paz- sorprenderon a todo o colexio, cando de forma espontánea, no día das Letras Galegas, actuaron en todas as aulas do centro tocando a pandeireta, cantando e bailando cancións tradicionais galegas. Estiveron marabillosas!