Hoxe é 25 de novembro: Día contra a violencia de xénero.
Nós, os alumn@s de 2º de E.P. tivemos a sorte de recibir a visita de Ángela, unha educadora coa que traballamos dúas sesións mediante un proceso lúdico e didáctico, sobre este tema.
O obxectivo foi axudarnos a previr e identificar a violencia de xénero, de maneira que tod@s poidamos sensibilizarnos con este problema tan dramático para a sociedade actual. Preparamos unhas camisolas co lema «VOAMOS X IGUAL» e tamén nos contou algúns contos, coma «O príncipe ceniciento».