Os alum@s de 3º ciclo de E.P. visitaron Santiago para asistir á obra de teatro “Christmas Carol” e posteriormente levaron a cabo unha visita guiada pola cidade medieval onde os alumn@s puideron aprender formas de vida, comercio e relación entre igrexa e os monarcas.
Adentráronse no museo da catedral para poñer fin á saída.
Os alumn@s da E.S.O. asistiron a obra de inglés “ Christmas Carol”, nun horario diferente ao de E.P.
O primeiro ciclo da E.S.O. fixo unha visita guiada pola cidade dentro do programa “Pedras de Santiago”, mentres o segundo ciclo visitou o Centro de Transfusión de Sangue onde pasaron polos distintos laboratorios nos que se trata, estuda e analiza o sangue.
O obxectivo destas actividades é a aprendizaxe dos nos@s alumn@s en todas as facetas da vida dende o seu desenvolvmento persoal, afectivo e cooperativo.