Despois de ler e traballar o libro de Marcos Calveiro «O carteiro de Bagdad», os rapaces e rapazas de 5º de Primaria tivemos a oportunidade de coñecer ó autor desta obra. Explicounos a situación da guerra en Irak, o porqué do libro e respondeu a moitas preguntas e inquedanzas nosas. Pasámolo xenial!