TARRAGONA-SALOU-BARCELONA 3º 4º ESO

PRIMEIRO DÍA:

Despois dunha agotadora  viaxe en autobús e de repoñer forzas no hotel fixemos a visita á cidade de Tarragona. Alí disfrutamos das pegadas que deixaron os romanos na antiga Tarraco.

foto1Tarragona

foto2 Tarragona

SEGUNDO DÍA:

Cun bo madrugón, puxemos rumbo á cidade de Barcelona. Cunha primeira parada nas Cavas de Freixenet, aprendemos as técnicas para lograr un bo viño espumoso. A bordo do tren, percorremos as infraestruturas novas de produción. Tras un cata de mosto, e un pequeno descanso, dirixímonos  ao Aquarium. Nunha rápida visita, mergullámonos nas profundidades dos diferentes océanos, disfrutando especialmente do tanque dos pingüinos. A bo paso, rodeamos o Monumento de Colón e subimos polas Ramblas para facer unha parada técnica no Hard Rock Café. A bordo do autobús, percorremos os principais puntos emblemáticos da cidade, prestando especial interese á Sagrada Familia e a Montjuic.

foto4 Freixenet

foto3Freixenet

foto5 Sagrada Familia

025f248a7906005b23691047ce3dad76 (1)

TERCEIRO DÍA:

Foi a xornada máis esperada estivemos en… Port Aventura.  Disfrutamos do Furius Baco, Stampida, Dragon Khan,  Shambhala… e eliximos algunha actuación para ver, coma o Aloha Tahití ou o Bubblebon. Hai 20 anos que abreu as súa portas e están de celebración. Pecha cada día cun desfile no que participan todos os bailaríns do parque e as personaxes de debuxos animados cos que podes sacar fotos durante todo o día.

Ao chegar ao hotel démonos un chapuzón na piscina e logo da cea disfrutamos da discoteca do hotel ata a unha da mañá.

foto6 Port Aventura

CUARTO DÍA:

Neste día percorremos a desembocadura do Ebro nun catamarán. Ollamos as diferentes paisaxes ao longo do río. Puidemos apreciar as dúas illas formadas logo das crecidas: a Illa de Buda e a Illa de San Antonio. Xa a pé, visitámolo miradoiro que nos permitiu ver dunha ollada todo o Delta.

A tarde transcorreu chea de diversas actividades que puxeron a proba o espírito aventureiro dos nosos alumnos: rutas de quad, tirolina, escalada, tiro con arco… foron a guinda final para a nosa viaxe de estudos

foto9 Multiaventura

 foto8 Multiaventura

 foto7 Ebro

Quinto día:

Saímos moi cedo, logo de almorzar cara o «Monasterio de Piedra». Alí puidemos disfrutar do mosteiro coma do parque natural que o rodea, que nos deixou abraiados coa súa beleza.

foto10 Monasterio

Chegamos ao cole xa de madrugada, moi cansos pero coa maleta chea de vivencias.