AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR

No DOG do 1 de setembro de 2015 está publicada a Orde que regula as axudas para a adquisición de material escolar.
Para consultar as bases prema na seguinte ligazón: Orde axudas material

 

Documentación a achegar xunto á solicitude:
– Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar
(cando non autoricen a consulta telemática).
– Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da
unidade familiar.
– Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2013 ou,
na falta desta, o certificado tributario de imputacións dos membros
computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante (cando non
autoricen a consulta telemática).
– No caso de discapacidade igual ou superior ao 33% dalgún membro da
unidade familiar (incluído/a o/a alumno/a), documento que acredite esta
circunstancia).
– No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar:
documentación acreditativa.

CONTÍA DAS AXUDAS: 50€ por alumno ou alumna que reúna os requisitos. O vale poderá usarse  ata o 31 de outubro de 2015 (este incluído).