Investigación e farmacia

A semana pasada os rapaces da ESO participamos nun traballo de investigación chamado «Medida de presión arterial en adolescentes: educación sobre factores de riesgo cardiovasculares» coa «Sociedad Española de Farmacéuticos Comunitarios» (SEFAC).
Ademais do valor da presión arterial en adolescentes, para facer o estudo anotaron o sexo, idade, peso e talla dos participantes e pasaron unha pequeña enquisa sobre os hábitos de alimentación e actividade física ademais de darnos un consellos sobre hábitos de vida saudable.
O obxectivo desta investigación é contribuir á mellora da educación para a saúde dos adolescentes no ámbito do sobrepeso e o risco cardiovascular.
Foi algo diferente xa que á maioría de nós nunca nos tomaran a tensión.

la foto 1

la foto 2 (1)