Campañas de Nadal

 

Un centro educativo actual, comprometido e inmerso na realidade social, debe orientar parte do seu labor educativo á construción dunha sociedade máis xusta.

Este ano, como xa é costume, queremos animarvos a todos a participar en dous proxectos solidarios:

A Flor de Pascua:  mercando una planta aportas a túa axuda a Cáritas. (Sor Rosario leva esta campaña).

A recollida de alimentos:  poderase traer comida no perecedeira como lentellas, arroz, pasta, latas de conservas…para compartir estes alimentos coa xente que máis o necesita.

O periodo  de  recollida de alimentos, coa colaboración de «profesores, alumnos e pais», será desde o 1 de decembro ata o 18 do mesmo mes, desde as nove e media  da mañá ata as  18:00 horas.

Moitas grazas a todos por participar.