O pasado venres todos oa alumnos do colexio reunímonos ás 15’00 para conmemorar este día.
Xuntos cantamos «El mismo sol» e «Tu enemigo».
Os rapaces de 6º E.P. leron un manifesto polo que nos comprometemos a soñar e traballar pola paz dende o noso carisma vicenciano, compromniso que expresamos en voz alta para compartir con todos.
Fran Baña fixo de mestre de cerimonias.
Ao final, Fabián soltou unha pomba, que mundialmente representa a paz.
Foi unha xornada moi entrañable.