Os alumnos e alumnas dende 3º a 6º tiveron a oportunidade de compartir con nenos e nenas doutros colexios a afección pola actividade física, concretamente polos deportes de baloncesto, fútbol, balonmán e floorball. Na primeira das xornadas desprazámonos ata o C. E. I. P. Santa Baia de Boiro e na segunda xornada visitáronnos no noso centro alumnos e alumnas do Colexio Bayón.
Foron unhas xornadas de gran divertimento para todos, onde o resultado foi o de menos, primando o xogo limpo, o compañeirismo e os demais valores que promulga o deporte.