Instrucións para tomar café, a obra de relato curto de Manuel Núñez Singala, serviunos a 3º e 4º de ESO como escusa para pasar unha tarde falando de libros, literatura, lingua e costumes de noso e doutras culturas.
O profesor, sociolingüista e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago, achegouse ata Oleiros e compartiu connosco reflexións sobre a diversidade, a liberdade, a empatía cos que son diferentes a nós, a autoestima dos galegos coma pobo, a importancia do amor pola lingua, a necesidade de aprender, de mellorar, de coñecer… sen necesidade de elixir.
Antes de marchar, asinounos algúns dos exemplares do seu libro, e adiantounos o título da súa nova novela: Camiños na auga.
Grazas pola visita.
Un pracer.