O nosos centro colabora na campaña que acaba de presentar SOGAPS (Solidariedade Galega co pobo Saharauí) para facilitar a chegada dos nenos refuxiados no deserto nas vindeiras vacacións de verán a Galicia.
Entregaremos a cada rapaz un sobre con toda a información, que poderán devolver coa aportación que desexen, aos titores, ata o luns 25 de abril.
Coa nosa achega podemos axudar a que os nenos e nenas saharauís, saian durante dous meses das duras condicións de vida no deserto. Tamén podemos informarnos sobre o programa como familias de acollida, dirixíndonos aos teléfonos que aparecen na información ou ao Departamento de Servizos Sociais do concello.
Moitas grazas pola colaboración.