O alumnado de 3º e 4º da ESO estivemos a semana pasada en Vigo para disfrutar do teatro e da ciencia. Pola mañá asistimos á representación da obra de Federico García Lorca «La casa de Bernarda Alba», unha traxedia rural ambientada nun pobo andaluz de Granada e cargada dun forte simbolismo, onde só aparecen personaxes femininos que reflexan a vida da época e tratan temas tan diversos coma o amor e o odio, as aparencias, a envexa ou os cartos.
Ao rematar fomos ao centro comercial Gran Vía, onde pasamos unhas horas de lecer para despois acudir a unha visita ao Centro Interactivo de Educación Ambiental Naturnova.
Os rapaces puidemos, a través de módulos interactivos, explorar moitos e variados temas de forma activa e lúdica. A información presentouse mediante imaxes virtuais, obxectos, olores, recreación de ambientes…