400 ANOS CARISMA VICENCIANO

Este ano toda a comunidade educativa estamos de celebración! Pais, nais, alumnos profesores, irmás, persoal non docente, exalumnos… e todos os que formamos a familia vicenciana festexaremos o 400 aniversario do carisma vicenciano. Un carisma que deixou e segue deixando pegadas moi profundas do amor incondicional de Xesús aos necesitados a través de San Vicente ao longo destes 400 anos.

Con motivo desta gran celebración, invitámosvos a unha convivencia-Día Vicenciano no no noso colexio, o 27 de maio.

O horario será de 11:00 a 18:00h e realizaranse diversas actividades:

  • Pola mañá haberá animacións, talleres creativos e Celebración Eucarística…

  • A mediodía picnic na horta do colexio.

  • Pola tarde xogos en familia, ginkana…

  • Remataremos… cunha chocolatada!

Avisos importantes:

  • Cada un traerá a súa comida. Haberá posto de bebida, salados…

  • As alumnos/as de Educación Infantil e E. Primaria, deben ir acompañados por un familiar adulto.

O primeiro en lembrarse desta data tan sinalada para nós e así facelo público foi o Papa Francisco. Agasallando a toda a familia vicenciana coa indulxencia plenaria.

ENLACE