Tras unha sesión de autocine na que puidemos disfrutar do visionado da película «A pedra filosofal», participamos nunha serie de actividades que nos axudaron a coñecer un pouco máis do mundo máxico de Harry Potter.
Toda a clase participou na realización dun pequeno dicionario que nos permitiu coñecer novos vocablos empregados nesta saga.
Ademais, esta semana, puidemos levar a cabo unha clase de Herboloxía, na que grazas ás nosas compañeiras de 1º e 2º de ESO, trasplantamos unhas mandrágoras moi orixinais.