Un ano máis tod@s aunamos forzas para apoiar á ONG coa que levamos máis de doce anos colaborando e aportando o noso gran de area.
Ó longo destes días, estivo presente Siria e a súa problemática. O mundo dos refuxiados e os atrancos para atopar unha vida mellor, para conseguir un futuro que lles permita formarse como persoas.
Dende a E.I ata a ESO leváronse a cabo diferentes actividades dentro e fóra das aulas para unha maior sensibilización.
O martes 4 de decembro culminaron todas elas coa participación de E.I. nunha carreira de bicicletas, E.P. desenvolveuse por diferentes circuítos e a ESO cunha andaina ata o monte Tahúme.