«Alba de Gloria. Unha experiencia» e «Castelao Maxistral»

Non hai moitas ocasións nas que coincidan en Compostela dúas citas tan relevantes para a nosa cultura, como as que se deron estas últimas semanas arredor da figura de Daniel Castelao.

IMG_7935

O alumnado de 3º e 4º de ESO visitou ambas exposicións o 15 de febreiro.

Á primeira, «Alba de Gloria. Unha experiencia», promovida polo Consello da Cultura Galega, acudimos no mosteiro de Bonaval.  Lembramos nela, o discurso pronunciado por Castelao en Bos Aires, o 25 de xullo de 1948. Foi para todos unha visita gratificante, pois puidemos revisar a historia de Galicia a través de paneis interactivos e cun guía que nos acompañou amablemente durante o percorrido.

IMG_7946IMG_7940

Rematamos finalmente coa actividade en 3D que nos permitiu recrear de xeito moi novidoso, o discurso cos personaxes que nel aparecen.

IMG_7947IMG_7945

IMG_7938

 

 

Ao rematar, e no mesmo mosteiro, visitamos o Panteón de Galegos Ilustres, onde están soterrados Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, o poeta Cabanillas, o escultor Asorey e o mesmo Castelao.

IMG_7953

Xa pola tarde, tivemos a oportunidade de ver na Cidade da Cultura, o cadro pintado por Castelao no exilio: «A derradeira lección do mestre». Exposto durante anos no Centro Galego de Bos Aires, viaxou unhas semanas a Galicia, para regresar de novo á capital arxentina. Na visita afondamos na obra gráfica de Castelao e na temática das obras expostas, facendo especial fincapé na importancia do ensino como transmisor de valores e de cultura.

IMG_7951