INFORMACIÓN FOLGA 24 OUTUBRO

De cara á xornada de Folga  no ensino convocada por diferentes organizacións sindicais para o vindeiro 24 de outubro, desexo informarvos que o noso colexio permanecerá aberto como calquera outro día, no seu horario habitual, cumprindo a nosa obriga de prestar o servizo educativo.

Sería a nosa vontade desenvolver as actividades lectivas e non lectivas con normalidade, pero no caso de que isto non fose posible polo exercicio do dereito á folga por parte do persoal do centro, e polos servizos mínimos fixados pola administración galega (o director ou directora do centro e un membro do persoal de administración e servizos por centro) os alumnos que acudan ao colexio serán atendidos nas mellores condicións posibles.

A incidencia previsible da folga no noso centro, segundo a información recibida dos traballadores, pode ser escasa ou nula entre o profesorado, o que poñemos no voso coñecemento aos efectos de que poidades decidir a asistencia ou non á clase do voso fillo/a.

En canto ao resto des servizos: comedor, transporte escolar, actividades extraescolares, funcionarán coma de costume según a información que temos a día de hoxe.