Unha vez máis damos peche a outro curso e unha nova promoción abandona as nosas aulas.
Listos para buscar novas metas e novos soños que os conduzan a obxectivos máis grandes, comezades esta andadura con ilusión e coa certeza de que o camiño andado é só o principio de próximos logros.
Hoxe despedímonos, como familia vicenciana, entre bágoas e sorrisos polos momentos que xuntos vivimos; pero coa confianza de que esta será a vosa casa, xa que un anaco de vós permanecerá para sempre nas nosas lembranzas.