O grupo de teatro do centro, formado por alumnos e alumnas de E.Primaria e dirixido por Sor Francisca Varela, participou na Mostra de Teatro organizada polo concello. Tanto eles coma o público desfrutaron de dúas obras de humor e entretemento, polo que colleitaron unha chea de aplausos, nunha actuación moi especial.
Despois da estrea en Ribeira, os alumnos deleitaron no colexio a compañeiros e profesores coa súa actuación nas obras “ Pluft, el fantasma “ e “ El fotógrafo Sisebuto hace fotos en un minuto”. Recolleron o galardón en representación dos respectivos grupos, Xoel e Lucas de 5º de EP.
Parabéns, artistas!