9 MESES, 9 CAUSAS

IMG_20190920_135645

Ao longo deste curso, os alumnos de 3º e 4º de Primaria, embarcarémonos nun proxecto solidario. Cada mes do ano, levarase a cabo unha campaña diferente.
Deste xeito, procuraremos concienciar aos nos@s alumn@s das diferentes problemáticas que a día de hoxe acontecen na nosa sociedade.
Comezamos o curso coa campaña do Alzheimer. A través dela, pretendemos concienciar aos nos@s alumn@s da dureza desta enfermidade, que afecta non só a quen a padece, senón a toda a familia.
Puxémonos na pel dos enfermos de Alzheimer e vivenciamos unha das primeiras tarefas que deben levar a cabo cando a enfermidade se manifesta: escribir nun post-it pequenos datos persoais.
IMG_20190920_135732IMG_20190920_135713