Día de Lorca en Galicia

IMG_0437

O 25 de outubro de 1916 o poeta e dramaturgo Federico García Lorca chegou por vez primeira a Galicia. Volvería noutras tres ocasións a Pontevedra, Compostela, A Coruña, Lugo… Grande embaixador  da cultura galega e autor de «Seis poemas galegos», está sendo homenaxeado no Museo do Gravado de Artes, xunto co seu compañeiro de xeración, Rafael Alberti.

IMG_0435IMG_0431

Ata Artes  desprazámonos o alumnado de 3º e 4º de ESO e cuns guías de excepción, puidemos visitar a exposición «Xeración do 27: Lorca e Alberti», na que vimos, por exemplo, 12 augafortes orixinais de Alberti para ilustrar os poemas de Amor e Mar ou as litografías que creou para o Romancero Gitano de Lorca. A exposición tamén inclúe a edición da obra do granadino, Poeta en Nueva York, ilustrada por Eduardo Naranjo.

A experiencia no taller de gravado non nos deixou indiferentes, e ata puidemos serigrafiar nós mesmos algunhas pezas. Fíxonos moita ilusión!

IMG_0434IMG_0433

Para rematar, visitamos a espléndida biblioteca ilustrada que conserva fondos do s. XVI ao XX.

IMG_0438