O 29 de novembro as profesoras de Lingua e literatura galega de Secundaria asistimos ao curso: «XV Xornada de Normalización Lingüística» onde afondamos na figura de Carvalho Calero, autor ao que se adican as Letras Galegas no vindeiro 17 de maio. Asemade, puidemos desfrutar das experiencias levadas a cabo por outros centros e institucións, coma o Servizo de Normalización Lingüística da USC, para dinamizar o uso da nosa lingua, e achegar ao profesorado e alumnado as novidades nas ferramentas coma o bUSCatermos ( banco de terminoloxía multilingüe) ou o Digalego ( un dicionario con múltiples recursos). Nas xornadas tamén asistimos á entrega de premios Irmán Reboiras ás mellores iniciativas do fomento do galego e a mostra ganadora do XI Premio Innovación Antonio Fraguas. En resumo, foi unha xornada onde a protagonista foi a nosa lingua nai: o galego.