Como cada ano, o 20 de novembro, Día dos dereitos da Infancia, participamos desde o noso centro na carreira «Kilómetros de Solidariedade”, apoiando o labor humanitario da ONG Save the Children. Hai 3 anos que nos distinguiron como «Centro Embaixador» pola nosa participación continuada ó longo dos 10 últimos anos.
Resultou todo un éxito. A colaboración de alumnos , profesores e pais, fíxoo posible. Dende os máis pequenos, que participaron dentro do colexio con carreiras de obstáculos, ata os alumnos da ESO, que fixeron unha ruta ó monte Tahume a pé ou en bicicleta, puidemos colaborar nun proxecto de axuda ao pobo de Filipinas.
Estamos moi satisfeitos de poder colaborar a través desta actividade solidaria.