Os alumn@s de 5º e 6º de Primaria o 5 de febreiro desfrutaron dunha saída cultural a Padrón onde realizaron diferentes actividades.
Visitaron a Casa Museo de Rosalía de Castro e a Fundación Camilo José Cela, onde un guía lles explicou a vida e obra a grandes rasgos destes dous escritores galegos.
Pola tarde estiveron en “Galipark” onde puideron desfrutar da natureza cunha agradable comida cos compañeir@s e posteriormente leváronse a cabo diferentes actividades de escalada, sempre guiados por monitores.
Os rapaces e as mestras que os acompañaron viñeron moi contentos e satisfeitos pola boa actitude e aproveitamento tanto da actividade cultural coma lúdica.