Todos os anos chegadas estas datas, as familias colaboran coa aportación de alimentos que facemos chegar a Cáritas -Ribeira.
O Nadal é un tempo no que dar nos fai mellores persoas e unha grande Familia Vicenciana.
Damos grazas a todas as familias pola colaboración, tendo sempre presente o noso compromiso como comunidade educativa: «Pequenos feitos, grandes logros».
Nadal, tempo de dar, tempo de compartir, tempo de amar…