MELODÍAS QUE CONECTAN!

¡Silencio na sala, que comeza a función…!

Esta semana, os alumnos de 3º da E.S.O., convertidos nunha pequena orquestra; deron o seu primeiro concerto para un público moi especial, o alumnado de Educación Infantil.

Os máis maiores, estaban cheos de nervios por mor da estrea, e os segundos; emocionados polo espectáculo que ían vivir. A actuación resultou tan sorprendente para os máis pequenos, que non deixaban de pedir “Outra, outra…”

Pero a sorpresa non rematou aí… A ledicia dos de Infantil foi a máis cando se lles desvelou, que ao remate da mesma, os compañeiros máis veteranos íbanlles a ensinar a tocar. Os rostros dos rapaces de 3, 4 e 5 anos demostraban a sorpresa e a felicidade polo momento que estaban vivindo. Pero sobre todo, a conexión entre maiores e pequenos, foi máxica.