O pasado venres 25 de novembro o alumnado de 3º de ESO da Milagrosa acudiu a Ribeira para participar no acto organizado polo concello, xunto cos demais centros da localidade con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Un ano máis, preténdese visibilizar ás vítimas de violencia de xénero, de xeito que preparamos unha caixas de cor lila cos seus nomes , que fomos colocando a modo de tetris na Praza do Concello, fomos nomeando a cada unha delas coa súa historia. Gardamos un minuto de silencio e deixamos alí a nosa pegada na participación neste acto.