Nunha visita ao Centro Cultural Lustres Rivas, puidemos disfrutar da exposición de gravados de Rubens.
Ali Padín acompañounos neste percorrido por unha mostra moi interesante, explicounos as técnicas de gravado utilizadas polo artista, os temas e o seu simbolismo.