INVERSIÓNS FONDOS NEXT GENERATION

APOIADO POR A XUNTA DE GALICIA E FINANCIADO CON FONDOS NEXT GENERATION DA UNIÓN EUROPEA.

As clases de 3º e 4º da ESO renovaron as antigas PDI (Pizarras Dixitais Interactivas) polos modernos paneis interactivos da prestixiosa marca Promethean. Estes gozan de múltiples vantaxes: non dependen de proxectores, teñen conexión propia á rede, sistema operativo ANDROID, resolución 4k UHD…….

Dende o pasado mes de decembro, profesores e alumnos disfrutan das funcionalidades que ofrecen os novos paneis, disminuíndo os tempos de conexión aos recursos educativos e facendo as sesións lectivas máis motivadoras. Esta renovación de equipos foi posible grazas ás axudas procedentes dos fondos europeos NEXT GENERATION.

O obxectivo principal que nos leva a solicitar esta axuda é a necesidade de dispoñer e aproveitar recursos tecnolóxicos que permitan a mellora e o avance cara unha educación de calidade que se reflicta nos procesos de ensino e aprendizaxe axudado pola dotación tecnolóxica do centro educativo.

Agardamos que permita a docentes e alumnado un acceso a medios dixitais apropiados para o ensino e a aprendizaxe, posibilitando un desenvolvemento competencial no alumnado que abarque todas as competencias do currículo e, neste caso, especialmente a competencia dixital necesaria para unha integración activa na sociedade e no mercado laboral deste século.