ECOPREGUNTOIRO

Os alumnos de sexto de primaria participaron no programa de Radio Voz  que ten como obxectivo concienciar aos alumnos da importancia de reciclar.

Nesta primeira fase resultaron gañadores  nunha ronda de preguntas permitindo o seu paso á seguinte. Ao mesmo  tempo elaboraron  e presentaron un audio cun Ecoconsello para mellorar o medioambiente.