VIAXE A ALLARIZ

O 2 de maio, os grupos de 5º e 6º de primaria tiveron un día diferente. O alumnado foi de excursión a Allariz. 

Pola mañá visitaron o Allariz do pasado da man dos nosos guías Herminia e José Luis. Durante o percorrido pola vila fomos coñecendo diferentes aspectos relacionados coa arquitectura do lugar de xeito teatralizado.  

Logo desprazámonos ata o Centro Medioambiental do Rexo onde xantamos ao aire libre. Máis tarde visitamos a granxa e os monitores explicáronnos moitas cousas arredor do seu funcionamento. Alí visitamos a obra do artista Agustín Ibarrola e tamén compartimos ideas sobre como facer un mundo máis sostible e de calidade para todos. 

Durante a visita desfrutamos dos animais que se atopaban alí e do entorno do río Arnoia.