Os días 12 e 14 de febreiro os alumnos do 3º ciclo de E.P. do colexio A Milagrosa visitaron a instalación da escola Amicos situada en Oleiros. O obxectivo foi participar no programa Integr@escola.
A participación dos alumnos foi moi boa e receptiva, puideron ver in situ os atrancos cos que se atopan estes rapaces e non tan rapaces na vida cotiá. Tamén disfrutaron das súas aulas e interactuaron con eles nas distintas actividades. Aprenderon a linguaxe de signos, percorreron un mini circuito para experimentar que sente un invidente, fixeron unha pequena entrevista onde comprobaron a importancia de ser pacientes e dar confianza a aqueles que lles custa manexar a linguaxe.
Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos e que os nosos alumn@s calificaron positivamente.