Nestes días previos ao Nadal, o alumnado de 1º e 2º de ESO, completou o seu proxecto de trimestre escribindo unhas orixinais cartas ás súas maxestades de Oriente.
Nas súas cartas non se pide nada material xa que as escribiron co corazón. Os mellores desexos de paz e empatía cos máis desfavorecidos, saúde para todos e unha morea de bos e fermosos desexos para todos os membros da comunidade educativa.
Bo Nadal e que os Reis veñan cargadiños.
- CLUB CREATIVO
- Entrada siguiente