CARREIRA CAMPO A TRAVÉS “VII MEMORIAL VICENTE R. FERNÁNDEZ GARCÍA”

O pasado xoves 25 de xaneiro o alumnado dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º participaron na carreira de campo a través “VII Memorial Vicente R. Fernández García” no estadio municipal Ana Peleteiro (A Fieiteira), alí xuntámonos con máis de 900 nenos e nenas doutros colexios para desfrutar dunha gran xornada de deporte ao aire libre facendo diferentes recorridos por dentro do estadio e tamén no monte ao lado do mesmo.

Aínda que o importante é participar e pasalo ben os seguintes nenos e nenas clasificáronse para participar no campionato intercomarcal de campo a través, que se celebrará o próximo 23 de febreiro en Noia.

3º EP: Adrián Salgado Pouso

4º e 5º EP: Breixo López Millares, Asier Teira Lorenzo, Nicolás Millán Sampedro e Juan Pardavila González.

6º EP: Ana Rodríguez Bretal, Ezequiel Martínez Hermo e Iker Mariño Santamaría.

NORABOA A TOD@S E MOITA SORTE PARA A SEGUINTE PROBA!