Onte celebrouse o Día do Libro, é unha data moi especial que nos permite conmemorar o falecemento de dous grandes xenios da literatura universal: Miguel de Cervantes e William Shakespeare.
Ao longo de varias clases fóronse levando a cabo distintas actividades co obxectivo de fomentar o pracer pola lectura e despertar no noso alumnado a curiosidade por explorar outros mundos.
Os máis novos do cole elaboraron un marcapáxinas e desfrutaron da lectura do seu libro favorito, aproveitando o bo tempo destes días.
Na etapa de Primaria, realizáronse diferentes actividades que permitiron por en práctica a súa creatividade e expresión.
Foron diseñadores gráficos, creando a decoración dun poema de Juan Ramón Jiménez. Crearon contido elaborando cómics, poemas e minibooks en lingua extranxeira.
Os máis maiores, fixeron un certame literario de poesía, no cal, as mestras de linguas selecionaron as mellores obras, as cales foron galardoadas pola súa calidade e expresión artística.
Cada alumno regalou o seu poema acompañado dunha rosa a outro compañeiro, emulando así a festividade de San Jordi.
Ao finalizar a mañá, tivo lugar un acto conmemorativo, no que puidemos asistir ás obras realizadas polos compañeiros de primaria e secundaria, rematando así outro capítulo máis da nosa andaina por este cole.