A cápsula do tempo convertiuse no proxecto para estudar o paso do tempo co alumnado de 1º da Educación Primaria. A través deste proxecto queremos observar como van cambiando os materiais cos que traballamos hoxe en día na escola, como as nosas familias se van transformando e como as novas tecnoloxías van mudando.
Os alumnos de 1º da Educación Primaria foron os protagonistas á hora de elixir os obxectos cos que poder experimentar máis cambios ao longo destes 10 anos. A cápsula con estes obxectos estará agochada na horta do colexio unha década.
Coa apertura da cápsula no 2029, sendo xa uns adolescentes, recibirán unha carta escrita no 2019 polas persoas máis importantes das súas vidas, os seus pais.
Para este importante acto, contamos coa visita do noso alcalde, Manolo Ruiz, que non quixo perder a ocasión de facer unha reflexión acerca da actividade proposta.
Foi unha tarde cargada de emocións, recollida polo xornal La voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/ribeira/2019/05/01/colegio-oleiros-enterro-capsula-tiempo/0003_201905B1C10992.htm